18 marzo 2024

 6º CURSO 2.10

18 - 22 MARZO


Bo día !


A- FRAUTA.

 
Hoxe toca falar das "Catro Estacións" de Vivaldi e logo comezamos a partitura "O inverno".
 
 
No enlace seguinte atoparedes o Inverno. O tema que tedes que estudiar coa frauta está a partires do minuto 3.50
 

Recordade sempre que: "A práctica fai ao mestre"


B- INSTRUMENTOS DE VENTO.

Os instrumentos de vento, ou aerófonos, son aqueles que producen o seu son ao facer pasar unha corrente de aire por un tubo.

Este aire vibra dentro dese tubo para producir as diferentes notas, cuxa altura dependerá de diversos factores como a lonxitude do tubo ou a presión do aire en circulación.

Dentro desta gran familia podemos facer dous subgrupos:

- Vento madeira: de bisel, de lingüeta simple e  de lingüeta dobre.

- Vento metal.


Podemos incorporar un terceiro subgrupo a esta clasificación:

- Vento mecánico: órgano, acordeón.


C- MÚSICA E CINE.

Agora deixo aquí o vídeo de Rhapsody in Blue, de George Gershwing.