5º CURSO 2.11
31 MARZO - 4 ABRIL
Bo día !
A- FRAUTA.
Acabamos de copiar a partitura do último día.
Recordade que é fundamental tocar eses 12 minutos diarios, sen práctica diaria é imposible avanzar. É moito máis efectivo
practicar pouco tempo, pero a diario, que dúas horas nun só día.
B- PERCUSIÓN.
É o momento de coller as vosas baquetas.
A continuación temos unha serie de ritmos para facer. Comezaremos polos 12
ritmos en azul, que son máis curtos, e logo facede os ritmos en verde
(13-18). Coidado cos contratempos dos ritmos 12, 15 e 18
Xa
que temos as baquetas na man imos sacarlle algo máis de proveito. Acompañaremos este vídeo con percusión.
C- AUDICIÓN: MÚSICA E CINE.
"Os sete magníficos" (Elmer Bernstein).
Elmer Bernstein naceu en Nova York en 1922 e finou no ano 2004. Foi un
compositor moi recordado polas súas bandas sonoras, así que, hoxe,
déixovos aquí un enlace a unha das súas obras máis coñecidas