6º CURSO 2.9
17 - 21 MARZO
Bo día !
A- PERCUSIÓN.
B- OS INTERVALOS.
Un intervalo é a distancia que hai entre dúas notas. Esta distancia medímola en tons ou semitóns. Mirade a escala de do M.
Os intervalos poden ser:
Ascendentes (van dunha nota grave a unha aguda) ou descendentes (agudo a grave).
Tamén poden ser de: segunda, terceira, cuarta...
Simples, cando non exceden da oitava, ou compostos, cando a superan).
Agora analizaremos estes:
C- AUDICIÓN: CAMILE SAINT-SAËNS.
Hoxe toca falar de Saint-Saëns e a súa Danza Macabra.
Camile Saint-Saëns, Francia 1835-1921, foi un compositor, director de orquestra e pianista fundamental na modernización da música francesa.
No ano 1874 compuxo a súa Danza Macabra. Con
este poema sinfónico, Saint-Saëns describe á morte que sae a tocar o
violín á medianoite. Os esqueletos saen a bailar arredor das súas tumbas
e volven desaparecer ao amencer co canto do galo.