martes, 11 de novembro de 2014

"Chegou o Magosto"

Aquí tedes un enlace á canción do Magosto que cantamos onte na clase de música.

mércores, 23 de abril de 2014

WEST SIDE STORY

    Hoxe preséntovos un fragmento do coñecido musical West Side Story.

    Este musical estreouse no ano 1957 en New York onde acadou grande éxito, posteriormente foi levado ao cine no ano 1961, o que lle deu fama internacional. O argumento conta, igual que en Romeo e Xulieta, a historia dunha parella que se atopa con moitas dificultades para levar adiante a súa relación, xa que ambos se atopan coa intolerancia dos seus respectivos amigos/as.

                                            

    A música foi composta por Leonard Bernstein (fotografía de arriba) ao que lle concederon o óscar á mellor banda sonora.

    A versión que fomos ver ao conservatorio é unha adaptación desta bonita historia.



luns, 7 de abril de 2014

    A. DVORAK


    Hoxe déixovos uns enlaces a distintos contidos na rede sobre a Sinfonía do Novo Mundo de Antonín Dvorak.

    Practicade coa frauta eses 10 minutiños diarios que me prometestes ao comezo do curso. Recordade que sen práctica, o cerebro máis brillante non serve de nada; fai máis o que quere que o que pode.

    Partitura para @s que se esqueceron do libro no colexio.




    
    Aquí tedes esta fermosa obra interpretada por unha orquestra sinfónica. Espero que sexa do voso agrado.


xoves, 27 de marzo de 2014

HIMNO GALEGO 
(Letra de Eduardo Pondal e música de Pascual Veiga)

    Aquí tedes un pequeno vídeo dunha aplicación informática coa partitura do himno. Espero que vos axude para practicar nas vosas casas. Tede en conta que hai algún cambio respecto á vosa partitura.
    Cando algún de vós sexa quen de tocalo ben, gravamos e cambiamos o vídeo.


mércores, 26 de marzo de 2014





HENRY MANCINI.

    Como dixemos hoxe na clase de terceiro, Mancini foi un deses compositores que sempre serán recordados pola súa contribución ao mundo do cine. 

      Entre os seus temas máis coñecidos está o que aquí vos deixo hoxe "Pink Panther theme". Recoñecerédelo todos por formar parte da banda sonora dunha serie de debuxos moi orixinal.





venres, 21 de marzo de 2014

LEROY ANDERSON

    Este é o nome dun coñecido compositor do que estivemos a falar esta semana no segundo curso. Escoitamos unha das súas pezas máis divertidas: A máquina de escribir.

    Aquí vos deixo hoxe un exemplo do divertida que pode ser a música e da súa influencia no cine.

    O primeiro vídeo é unha orquestra que interpreta "A máquina de escribir". O segundo vídeo é un fragmento dunha vella película, na que se utiliza esta peza como parte fundamental da escena.





xoves, 13 de marzo de 2014

¿Alguén recoñece esta melodía?
Se non a coñecedes vós preguntádelle aos vosos pais.



 Era a melodía coa que comezaba una das series favoritas dos rapaces de hai trinta anos, os vosos pais e as vosas nais.






O compositor desta melodía foi un afamado músico, que quedou sordo a causa dunha enfermidade, chamado Beethoven. Isto non lle impedíu seguir compoñendo grandes obras musicais nos anos seguintes.