10 decembro 2023

6º CURSO 1.12

11 - 15 DECEMBRO

Bo día !


A- FRAUTA: O TAMBORILEIRO.

Seguimos coa panxoliña da semana pasada. Recordade que no compás nº 15 que temos un sib (alteración accidental) e que podedes diminuír a velocidade de reprodución na configuración.

 

B- AUDICIÓN.

Agora, que parece que a neve pinta os montes máis altos do Courel, imos escoitar o "Paseo en zorra", unha obra do músico estadounidense Leroy Anderson interpretada pola FSO.

Leroy Anderson destacou como compositor de breves, pero moi orixinais, pezas orquestais entre as que destacan: Jazz pizzicato, Plink plank plunk, O Reloxio sincopado, A Máquina de escribir e este Paseo en zorra.

 

C- CANTAMOS:

5º CURSO 1.12

11 - 15 DECEMBRO

Bo día !
 

A- FRAUTA: ADESTE FIDELES.

Continuamos coa partitura do último día, pero hoxe deixo tamén un titorial para axudarvos na casa.
Recordade que na armadura temos un bemol que afecta a tódalas notas Si desta partitura e que podedes diminuír a velocidade de reprodución do vídeo na configuración.



 

B- CANTAMOS.


C- INSTRUMENTOS DE CORDA FRETADA.

Os instrumentos de corda fretada son aqueles nos que facemos vibrar as cordas cun arco para producir o son, aínda que ás veces pinzamos as cordas cos dedos en pizzicato. Teñen catro cordas que se afinan con cadansúa caravilla ao extremo do mastro, tal e como podemos ver nesta imaxe.

Os catro instrumentos de corda fretada que podemos atopar nunha orquestra son os que están na seguinte imaxe:

O arco é unha vara de madeira na que se coloca crina de cabalo coa que fretar as cordas.
 
No seguinte vídeo podemos ver algúns destes instrumentos integrados nun septeto de Beethoven, o Septimino, a ver se sodes quen de indentificalos todos.
 

4º CURSO 1.12

11 - 15 DECEMBRO

Bo día !

 

A- FRAUTA: CAMPANITA DEL LUGAR.

Hoxe seguiremos coa partitura do outro día. Deixarei por aquí un titorial dela para que vos axude a preparala na casa.
Recordade que podedes diminuír a velocidade de reprodución na roda dentada da configuración.

 

B- OS SIGNOS DE REPETICIÓN.

Os signos de repetición son aqueles que usamos para non ter que escribir de novo unha parte da partitura que se repite.

Entre eles podemos atoparnos coa dobre barra de repetición. Esta indica que temos que repetir o fragmento dende o lugar no que se atopa esta barra, ata o principio da obra ou ben ata outra dobre barra que estea a metade da partitura. No exemplo seguinte poderedes ver os dous casos.

 

Na partitura de Campanita podiamos ter usado este signo de repetición, xa que o primeiro e o segundo pentagramas son iguais.

C- CANTAMOS: O PELO ROXIÑO. 

01 decembro 2023

 

3º CURSO 1.12

11 - 15 DECEMBRO

 
Bo día !
 

A- FRAUTA.

Hoxe seguimos coa partitura para practicar a nota . Dividimos cada pentagrama en catro compases iguais e copiamos a partitura prestando moita atención ao lugar que ocupa cada nota, ben sexa unha liña ou un espazo.

B- CANTAMOS A MAMÁ CABRA.


C- INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN DE METAL.

Ollade estes instrumentos con atención. Pertencen á familia de percusión de metal, xa que todos eles soan ao bater o seu corpo metálico. Este golpe pódese dar ou ben batendo cunha baqueta, como no caso do triángulo, ou chocando as diferentes partes do propio instrumento como sucede coa campá, os cascabeis ou as ferreñas.


 
 


2º CURSO 1.12

11 - 15 DECEMBRO

CEI Ntra. Sra. de la Encarnación: FELICITACIÓN NAVIDEÑA

Bo día !

A- CANTAMOS: BUSCANDO UNHA ESTRELA.

 


 

B- AS NOTAS NO PENTAGRAMA.

 

Repasamos estas catro notas do pentagrama:

   MI ......................primeira liña.
   FA ......................primeiro espazo.
   SOL ...................segunda liña.
   LA ......................segundo espazo.


   Picade no pentagrama para facer a práctica.

https://aprendomusica.com/const2/20aprendonotasnivel3/game.html

C- MÚSICA E CINE DE ANIMACIÓN.



 

1º CURSO 1.12

11 - 15 DECEMBRO

separador gif navidad-2018-gifmanicaos.es. (11) | Gifmaniacos.es

 

BO DÍA !


A- CANTAMOS: O ABETO ESTÁ BALEIRO.

 

 

B- LIÑAS E ESPAZOS.

UN PENTAGRAMA SON 5 LIÑAS E 4 ESPAZOS QUE COMEZAMOS A CONTAR POLA PARTE DE ABAIXO.

AGORA FACEMOS CLICK NO PENTAGRAMA PARA PRACTICAR UN POUCO.




 

C- MUSICA E CINE DE ANIMACIÓN.



26 novembro 2023

6º CURSO 1.11

27 NOVEMBRO - 1 DECEMBRO

Bo día !


TOCA PREGUNTAR: "FOLIADA"


A- FRAUTA: O TAMBORILEIRO.

Xa que nesta semana comezamos o mes de decembro, propoño unha partitura máis acorde con estas datas. Non vos esquezades do "Himno da Alegría" en Sol M, retomarémolo máis adiante.
 
Ollo co compás nº 15 que temos un sib (alteración accidental)


B- O COMPÁS DE SEIS POR OITO.

O compás de 6/8 ten dúas partes, é dicir, é un compás binario, e a súa subdivisión é ternaria.
Neste compás podemos meter  seis corcheas, ou unha combinación de figuras e silencios equivalentes a esas seis corcheas, repartidas equitativamente entre cada parte do compás.
 
A figura unidade de tempo é a negra con puntiño. 
 
 
A figura unidade de compás é a branca con puntiño.

Agora vexamos o reparto de figuras na seguinte partitura. Non a copiedes, só a imos analizar.

https://dictadosmusicales.weebly.com/uploads/1/0/7/9/10798912/c.alcaiz_dictado2008.jpg 

 

C- CANTAMOS: CON UN SOMBREIRO DE PALLA.

5º CURSO 1.11

27 NOVEMBRO - 1 DECEMBRO


Bo día !


TOCA PREGUNTAR: " SI, LA, SOL"


A- FRAUTA: ADESTE FIDELES.

Xa que nesta semana comezamos o mes de decembro, propoño agora unha partitura máis acorde con estas datas. Non vos esquezades do "Himno da Alegría" en Do M, retomarémolo máis adiante.
Tede en conta que na armadura temos un bemol que afecta a tódalas notas Si, que atopemos na partitura.


B- CANTAMOS: ALÓ ENTRE AS PALLAS.

 


C- TIPOLOXÍA DOS CANTOS POPULARES GALEGOS.

En Galicia temos unha grande variedade de cantos populares que se axeitan a calquera situación. Hoxe imos falar de catro dos tipos máis característicos da nosa terra:

Cantos narrativos: Os cantos narrativos contan sucesos dalgún feito salientable que sucedeu nun momento marcado da historia. Dentro destes temos os cantos de cego e os romances.
 
Cantos de berce: Son pequenas pezas que se cantaban para arrolar aos bebés da casa. O seu ritmo é lento e a melodía repetitiva.
 
Cantos de traballo: Cantábanse ao realizar as tarefas duras no campo ou no mar. Cada traballo tiña as súas características propias e así podemos escoitar cantos de sega, de arrieiro...
 
Cantos de Nadal: Estes cantos son cos que celebramos as datas máis marcadas dentro do Nadal, deste xeito podemos atopar cantos de Nadal, de Reis ou de Aninovo. 

 4º CURSO 1.11

27 NOVEMBRO - 1 DECEMBRO

Bo día !

 

TOCA PREGUNTAR: " A RITMO DE FOXTROT"


A- FRAUTA: CAMPANITA DEL LUGAR.

Xa que estamos na primeira clase do mes de Nadal, comezaremos cunha canción propia deste mes. Primeiro tedes que copiar a partitura no voso caderno e logo analizaremos o seu contido.


B- COMPASES TERNARIOS.

Os compases ternarios son aqueles que teñen tres partes ou pulsos. A primeira parte é forte e a segunda e a terceira son débiles. Cando estamos cantando ou tocando unha partitura en ritmo ternario, marcamos un pouco máis esta primeira parte.
Mirade nesta partitura o que estamos explicando (non hai que copiala).
 



C- CANTAMOS: O PELO ROXIÑO.

3º CURSO 1.11

27 NOVEMBRO - 1 DECEMBRO

 
Bo día !
 

A- FRAUTA.

Hoxe temos que comezar unha nova partitura para practicar a nota .
Collede o voso caderno, dividide cada pentagrama en catro compases iguais e copiade a partitura prestando moita atención ao lugar que ocupa cada nota, ben sexa unha liña ou un espazo.

B- CANTAMOS A MAMÁ CABRA.


C- INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN DE METAL.

Ollade estes instrumentos con atención. Pertencen á familia de percusión de metal, xa que todos eles soan ao bater o seu corpo metálico. Este golpe pódese dar ou ben batendo cunha baqueta, como no caso do triángulo, ou chocando as diferentes partes do propio instrumento como sucede coa campá, os cascabeis ou as ferreñas.