26 novembro 2023

5º CURSO 1.11

27 NOVEMBRO - 1 DECEMBRO


Bo día !


TOCA PREGUNTAR: " SI, LA, SOL"


A- FRAUTA: ADESTE FIDELES.

Xa que nesta semana comezamos o mes de decembro, propoño agora unha partitura máis acorde con estas datas. Non vos esquezades do "Himno da Alegría" en Do M, retomarémolo máis adiante.
Tede en conta que na armadura temos un bemol que afecta a tódalas notas Si, que atopemos na partitura.


B- CANTAMOS: ALÓ ENTRE AS PALLAS.

 


C- TIPOLOXÍA DOS CANTOS POPULARES GALEGOS.

En Galicia temos unha grande variedade de cantos populares que se axeitan a calquera situación. Hoxe imos falar de catro dos tipos máis característicos da nosa terra:

Cantos narrativos: Os cantos narrativos contan sucesos dalgún feito salientable que sucedeu nun momento marcado da historia. Dentro destes temos os cantos de cego e os romances.
 
Cantos de berce: Son pequenas pezas que se cantaban para arrolar aos bebés da casa. O seu ritmo é lento e a melodía repetitiva.
 
Cantos de traballo: Cantábanse ao realizar as tarefas duras no campo ou no mar. Cada traballo tiña as súas características propias e así podemos escoitar cantos de sega, de arrieiro...
 
Cantos de Nadal: Estes cantos son cos que celebramos as datas máis marcadas dentro do Nadal, deste xeito podemos atopar cantos de Nadal, de Reis ou de Aninovo.