4º CURSO 1.9
18 - 22 NOVEMBRO
Bo día !
A- CANTAMOS.
B- COPIAMOS E ANALIZAMOS A PARTITURA.
Collede o caderno para copiar esta partitura. Logo cantaremos, veremos as partes que compoñen cada compás, a duración de cada figura e poñeremos nome ás notas.
C- O CUARTETO DE CORDA FRETADA.
Os instrumentos de corda fretada son aqueles nos que facemos vibrar as cordas cun arco, aínda que ás veces pinzamos as cordas cos dedos en pizzicato.
O arco é unha vara de madeira na que se coloca crina de cabalo coa que fretar as cordas.
Estes instrumentos teñen catro cordas e as partes que podedes diferenciar nesta imaxe.