21 marzo 2024

2º CURSO 3.1

2 - 5 ABRIL


Bo día !


A- CANTAMOS.

Comezamos repasando a canción: "Dime que fixeches" de Migallas.

 



B- AS FIGURAS MUSICAIS.


Aquí está hoxe a árbore das figuras. Imos falar del antes de coller o caderno para copialo.

Redonda....................4 pulsos.
Branca.......................2 pulsos.
Negra........................1 pulso.
Corchea.....................1/2 pulso.


 

 

C- MÚSICA E CINE: "PEDRO E O LOBO"


Agora non  hai máis que facer click no enlace para ver e escoitar un clásico de Disney que recrea unha obra do compositor ruso Serguei Prokófiev: Pedro e o lobo.
 
É unha obra na que se nos presentan os distintos instrumentos da orquestra: vento, corda e percusión.
 
Pedro, o protagonista, está representado polos instrumentos de corda fretada.


O avó será o fagot.
 
Shasha, o paxaro, será a frauta.
 
Iván, o gato, está representado por un clarinete.
 
Sonia, a parrula, será o óboe.
 
O lobo está representado polas trompas.
 
Por último, os cazadores, son representados polos timbais.

Cada un deles ten o seu propio tema que soa cando aparece cada personaxe.

Fai click na imaxe e presta moita atención.
    
Resultado de imagen de pedro y el lobo disney