4º CURSO 2.10
24 - 28 MARZO
Bo día !
A- CANTAMOS.
A primeira actividade que faremos hoxe será cantar unha canción prestando especial atención a estes pasos:
1- Escoitamos unha vez, e con atención, a canción.
2- Lemos a letra atentamente e aclaramos o significado das palabras que
non coñezamos.
3- Aprendemos a canción por partes: primeiro o retrouso e logo cada unha das estrofas.
B- PARTITURA PARA FRAUTA.
Agora toca copiar esta partitura para frauta:
1- Espalda dereita.
2- Man esqueda arriba e dereita abaixo.
3- Sopramos moi amodiño.
4- Non premades demasiado coas xemas dos dedos nos buratos.
5- Recordade que para dosificar o aire tedes que simular a posición da sílaba "du" (pero sin emitir o seu son).
Premede na frauta para recordar as posicións das notas
C- VENTO-MADEIRA LINGÜETA SIMPLE: O CLARINETE.
O clarinete (o de Calamardo) é un instrumento de vento, en forma
de tubo e feito xeralmente de madeira de ébano. É de lingüeta
simple e ten varios buratos e chaves.
É utilizado en diversos estilos de música. Entre eles están: a música sinfónica, a de cámara, o jazz e a música folk.
É un instrumento moi versátil.

Agora escoitade este vídeo de 5 minutos no que aparece un cuarteto de clarinetes interpretando o Canon de Pachelbel.