16 xaneiro 2024

5º CURSO 2.2

15 - 19 DE XANEIRO

Bo día !

CANCIÓN PARA O DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ


A- FRAUTA: "Himno da Alegría" (Do M)

Seguimos co Himno da Alegría que retomamos a semana pasada, pero hoxe incorporaremos tamén xilófonos, metalófonos e carillóns.


B- CANTAMOS.

Hoxe repasamos tamén a canción da última clase.
 

C- OS SIGNOS DE PROLONGACIÓN.

Agora falaremos de dous signos que usamos para prolongar o valor das figuras: o punto e a ligadura de unión.
 
A ligadura de unión é unha liña curva que, como indica o seu nome, une notas que estan á mesma altura no pentagrama. O resultado será un único son de duración igual á suma desas notas.
 
Neste exemplo temos unha negra (que dura un tempo) ligada cunha branca (dous tempos). O resultado na execución será un único la que durará tres tempos.
 
O punto é un signo que colocamos á dereita da nota ou silencio para prolongar o seu valor un 50%, é dicir, prolonga a duración a metade do seu valor.