08 xaneiro 2024

6º CURSO 2.1

8 - 12 DE XANEIRO

 Bo día e feliz 2024!

 

A- FRAUTA:" Himno da Alegría" (Sol M)

Toca retomar a partitura do Himno da Alegría (en sol M) que deixamos "aparcada" no mes de decembro.
 
Quedan por aquí a partitura e mailo vídeo desta obra.
 
 

 

B- CANTAMOS: "Apertas que voan"

Xa sabedes que este é o mes no que celebramos o Día da Paz nas escolas, e por iso, a canción de hoxe será esta de Paco Nogueiras titulada "Apertas que voan"


C- A GAITA.

A gaita é un instrumento da familia de vento-madeira.

No seu punteiro leva a palleta (que é unha lingueta dobre) e no roncón, no ronquete e no chillón leva o pallón (lingüeta simple).

A gaita é un instrumento moi presente no noso folclore, pero tamén aparece noutros lugares da xeografía española como: Asturias, Aragón, Baleares ou Cataluña.


Podemos atopar tamén distintos tipos de gaitas fóra de España, en lugares tan afastados como: Irlanda, Escocia, Canadá ou EEUU.

Agora deixo por aquí un vídeo cunha das nosas gaiteiras máis coñecidas: Susana Seivane.