29 xaneiro 2024

3º CURSO 2.4

 29 XANEIRO - 2 FEBREIRO

 
Bo día !

A- FRAUTA: A NOTA MI.

Comezamos o mes de febreiro cunha nova nota da frauta: a nota mi.

Se picamos na imaxe poderemos ver tódalas posicións das notas na frauta doce.

Recordade que o bico da frauta queda entre os beizos na entrada da nosa boca, sen chegar a tocar os dentes. O sopro debe ser suave.

 

B- COPIAMOS.

Agora colleremos o caderno para copiar esta nova partitura.

Recordade que tedes que "medir" o espazo cos dedos para facer as liñas divisorias no lugar axeitado, deste xeito conseguiremos catro compases do mesmo tamaño.

Primeiro faremos a clave de sol e o signo de compás.

Agora toca facer a liña divisoria ao final do pentagrama, despois a liña central e logo as outras dúas a cada lado.


C- INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN.

Os instrumentos de percusión son aqueles que soan cando se axitan ou cando os golpeamos coas mans ou con baquetas. A clasificación destes instrumentos non é fácil, pero podemos agrupalos segundo sexa o material que golpeamos: parche, metal ou madeira.

 

Aínda que estes instrumentos son perfectos para tocar, tamén podemos divertirnos facendo ritmos cuns simples caldeiros como podemos ver neste vídeo.