16 xaneiro 2024

2º CURSO 2.2

15 - 19 DE XANEIRO

 
Bo día !
 

CANCIÓN PARA O DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ



A- COPIAMOS NO CADERNO.

Comezamos comprobando se temos ben copiada a canción do último día e se temos ben o nome das notas. Prestade moita atención á liña ou espazo que ocupa cada unha delas.


B- CANTAMOS: EU TEÑO ALGUÉN.

O 30 de xaneiro celebramos nas escolas o día da Non Violencia e a Paz. Este ano non poderemos facer a celebración conxunta dos anos anteriores, pero iso non nos vai impedir aprender esta bonita canción.


C- XOGAMOS COAS NOTAS.

Agora temos que picar nas corcheas para xogar cos ritmos.