08 xaneiro 2024

4º CURSO 2.1

8 - 12 DE XANEIRO

 Bo día e feliz 2024!

 

A- FRAUTA.

Ano novo partitura nova.

Toca comezar coa partitura para frauta que queda hoxe por aquí.

O primeiro, loxicamente, será copiala no voso caderno. É unha partitura moi curta e sinxela, pero aínda así, require da vosa práctica para aprendela ben. Non esquezades eses dez ou doce minutos de práctica diaria de luns a venres.

A semana próxima subirei unha gravación que vos sirva coma guía, pero, de momento, ide practicando pola partitura.

B- CANTAMOS.


 

C- INSTRUMENTOS DE CORDA PUNTEADA.

Os instrumentos de corda punteada, son aqueles nos que usamos os dedos para facer vibrar as cordas por contacto directo con elas, ainda que tamén podemos usar unha puga.

Estes instrumentos teñen un sistema de caravillas nas que se atan as cordas para poder ser afinadas.

A guitarra e a arpa son os dous instrumentos máis coñecidos desta familia, pero tamén están a bandurra, o laúde, o ukelele ou o banxo.