14 maio 2024

6º CURSO 3.6

13 - 17 MAIO

 
Bo día !
 


A- CANTAMOS:




B- FRAUTA: LA BAMBA.





C- A PERCUSIÓN NA ORQUESTRA.

Analicemos agora a colocación dos instrumentos na orquestra.

 
 
Como podedes ver a percusión ocupa o lugar máis afastado da dirección de orquestra. Nesta familia podemos facer dous grandes grupos con características ben diferenciadas:
 
       Altura inteterminada.                    Altura determinada.
    

5º CURSO 3.6

13 - 17 MAIO

 
Bo día !
 


A- PREGUNTO: NA BEIRA DO MAR.



B- CANTAMOS.

Hoxe cantaremos unha canción do rei da sabana, o león. Aquí temos a letra e un vídeo desta canción, de orixe zulú, que seguro escoitastes algunha que outra vez.


 

C- FRAUTA.

Esta nova partitura vai ser moi, moi, sinxela. O compás é un 3/4 sen alteracións, con negras, brancas e un tempo moi lento; prestade especial atención ás ligaduras. Aproveitaremos os descansos da melodía para marcar catro partes ben diferenciadas no o seu estudo:

    1ª- Compases 1, 2, 3 e 4
    2ª- Compases 5, 6, 7 e 8
    3ª- Compases 9, 10, 11, 12, 13 e 14
    4ª- Compases 15, 16, 17, 18 e 19


DANDO LA NOTA... MUSICAL: LA FERIA DE SCARBOROUGH

No enlace seguinte tedes un titorial da partitura. A única diferencia coa partitura de arriba está no ¿...? compás.



Se buscades pola rede poderedes ver máis información desta peza e varios exemplos en diferentes estilos.

Aquí tedes un exemplo con Simon & Garfunkel.


Outro exemplo con Hayley Westenra

4º CURSO 3.6

13 - 17 MAIO

 
Bo día !
 

PREGUNTO : A FEIRA


A- CANTAMOS: "Eu teño alguén"

A canción de hoxe será familiar para vós xa que a temos cantado algunha vez na escola. A ver se sodes quen de recordar cada xesto que faciamos cando a cantabamos todos xuntos.
 
É moi importante que non esquezades que cantar e berrar non son sinónimos. Temos que coidar a nosa voz, non temos outra!

 

B- LINGUAXE MUSICAL.

Nas seguintes partituras falta a fórmula de compás. Prestamos moita atención para razoar a resposta:
 


C- MUSICA E CINE.

Para rematar a clase de hoxe, temos un vídeo dunha orquestra interpretando un tema que de seguro coñecedes. O tema é da saga de Indiana Jones, o home que nunca perdeu o chapeu, e o seu compositor é o coñecido John Williams, ese músico do que temos unha "escultura" na nosa aula.
 
A ver de sodes capaces de descubrir outras obras coñecidas deste compositor, investigade pola rede a ver que atopades.
 


3º CURSO 3.6

13 - 17 MAIO

 
Bo día !
 

A- FRAUTA.

Hoxe acabaremos de copiar esta partitura prestando moita atención aos puntos que acompañan a algunhas notas,

 
PICADE NA IMAXE PARA VER AS POSICIÓNS DE CADA NOTA.
 


B- CANTAMOS:


C- A MÚSICA NO ESPECTÁCULO.

É difícil pensar nun espectáculo no que a música non teña un papel importante. Unha obra de teatro, unha sesión no circo ou unha película de cine, serían moi distintas se non tivesen unha banda sonora axeitada.
 
Agora veremos unha animación, moi curtiña, sobre a música de Camile Saint-Säens. Verémola dúas veces; a primeira sen música e a segunta con música.
 
A ver cal preferides !
 
O Carnaval dos animais: 
Os paxaros.
 
 
Que instrumentos podemos escoitar nesta audición?

2º CURSO 3.6

13 - 17 MAIO

 
Bo día !
 

A- CANTAMOS.

Hoxe repasaremos a canción: "Miña abuela Manuela".

Recordade os movementos do corpo para escenificala.

 
 

B- INSTRUMENTOS DE VENTO-MADEIRA: O CLARINETE.


O clarinete, o instrumento de Calamardo,  forma parte da familia de vento-madeira. Tócase soprando pola embocadura onde ten unha lingüeta de madeira. Para facer soar as distintas notas ten unhas chaves que, cun mecanismo, tapan e destapan os seus buratos.

A parte máis ancha, que amplifica o seu son, é a campá.



C- MÚSICA E CINE.

 

Chegamos á última parte. Agora faremos click no enlace para ver e escoitar esta curtametraxe: "Swing of change".
 
A trompeta, que é un instrumento da familia de vento-metal, está moi presente durante toda a película, pero non é o máis importante de trama. Esta é unha historia que dará para falar moito, así que, prestade moita atención.
 

13 maio 2024

1º CURSO 3.6

13 - 17 MAIO

 
Bo día !

A- CANTAMOS.

Comezamos unha nova canción: "A vaca Marela". Seguro que a recordades de Infantil.

Antes de poñer o vídeo leremos a letra para ver se coñecedes tódalas palabras que aparecen. Logo inventaremos algúns movementos para facer coa canción.

Coidade a vosa voz ao cantar, facédeo prestando moita atención á música e non berredes.
 


B- AS NOTAS NO PENTAGRAMA.

Agora colleremos o caderno para rematar os dous pentagramas do outro día, coas notas que nos diga o xogo da clave de sol.
 

C- XOGAMOS CO RITMO.

Imos xogar agora con estas figuras e silencios:
 
 
 
     Negra

 
       Silencio de negra

 
  
Dobre corchea
 
 
 
Primeiro leremos os ritmos e logo faremos percusión corporal con eles.
 

02 maio 2024

6º CURSO 3.5

6 - 10 MAIO

 
Bo día !
 
A próxima semana pregunto "O Inverno"

A- FRAUTA.

"O Inverno".

 

B- FRAUTA E PERCUSIÓN:

LA BAMBA





TWIST AND SHOUT.



C- CANTAMOS:



5º CURSO 3.5

6 - 10 MAIO

 
Bo día !
 
 A próxima semana pregunto "Na Beira do Mar".

A- FRAUTA.

"Na Beira do Mar".


B- AS TICs NA MÚSICA: O MuseScore.

Agora toca traballar co voso ordenador e o programa MusesCore.
 
O MusesCore é un editor de partituras que nos permite escribir e escoitar as nosas propias obriñas.
 
Pouco a pouco iremos escribindo esta pequena partitura neste programa.
 

 

4º CURSO 3.5

6 - 10 MAIO

 
Bo día !
 
A próxima semana pregunto a Feira.

 

A- FRAUTA.

"A feira".
 

B- VENTO-MADEIRA CON LINGÜETA SIMPLE: SAXOFÓN.

Hai dúas semanas falamos dos instrumentos de vento-madeira con bisel. Hoxe seguiremos falando doutra parte da familia de vento, os de lingüeta simple: o saxofón.
 
É un instrumento de vento, formado por un tubo de metal con forma de "U", que tivo un papel moi importante no desenvolvemento do jazz, aínda que tamén se usa en bandas de música e grupos de pop e rock.
 
Dicimos que este instrumento pertence ao grupo de lingüeta simple, porque na súa embocadura ten unha cana que vibra ao pasar o aire.

Picade na imaxe e escoitade con atención !


C- AUDICIÓN: OS BEATLES.

Remataremos a clase de hoxe escoitando "Here comes the sun", un clásico dos Beatles moi apropiado para esta época do ano:
 ¿Sabedes a razón?


3º CURSO 3.5

6 - 10 MAIO

 
Bo día !
 

A- FRAUTA: ΑS ΝΟΤΑS DO e RE.

É a hora de completar a escala musical coas dúas notas de frauta que nos faltan: do (grave) e re.
 
                       
                                
Para practicar estas dúas notas coa frauta, teredes que copiar esta partitura no caderno. Prestade moita atención ao lugar que ocupa cada nota no pentagrama.
 
Se necesitades recordar algunha posición, aquí tedes todas as estudiadas.
 

 

B- CORDA PUNTEADA: GUITARRA E ARPA.

Os instrumentos de corda punteada son aqueles nos que usamos os dedos, ou unha puga, para facer vibrar as cordas.

Estes instrumentos teñen un sistema de caravillas nas que se atan as cordas para poder ser afinadas.

A guitarra e a arpa son dous instrumentos desta familia, pero nela tamén están o ukelele ou o banxo.

C- MÚSICA E CINE: E.T. (JOHN WILLIAMS)

Para rematar a clase de hoxe temos a banda sonora dunha película digna de ver: E.T.
 
O seu compositor é John Williams, un músico moi coñecido pola súa contribución ao mundo do cine.

Espero que a gocedes !

2º CURSO 3.5

6 - 10 MAIO

 
Bo día !
 

A- CANTAMOS.

Hoxe temos aquí outra canción de Migallas: "Miña abuela Manuela". O xeito de traballar a canción será, coma sempre,  seguindo estes catro pasos:

  1- Escoito a canción unha vez.
 2- Leo a letra da canción un par de veces, sen música, tomando boa nota das estrofas e do retrouso.
  3- Canto a canción ao tempo que soa a música.
  4- Invento algúns movementos co corpo para escenificala.



B- TRABALLO NO CADERNO.


Agora toca traballar un pouco no caderno, que o temos un pouco esquecido. Collede o voso caderno e un lapis e copiade esta pequena partitura. Recordade os pasos:

   1- Facemos a clave de sol.
  2- Facemos as liñas divisorias dereitiñas e "medindo o espazo cos dedos".
   3- Comprobamos ter catro compases en cada pentagrama.

Cando teñades a canción copiada no caderno inventaremos unha letra para a melodía.

   

C- INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN.


Hoxe temos un pequeno vídeo que nos sirve como repaso dalgúns instrumentos de percusión. A ver se sodes quen de recordar cantos deles podemos atopar na nosa aula do colexio.