26 novembro 2023

6º CURSO 1.11

27 NOVEMBRO - 1 DECEMBRO

Bo día !


TOCA PREGUNTAR: "FOLIADA"


A- FRAUTA: O TAMBORILEIRO.

Xa que nesta semana comezamos o mes de decembro, propoño unha partitura máis acorde con estas datas. Non vos esquezades do "Himno da Alegría" en Sol M, retomarémolo máis adiante.
 
Ollo co compás nº 15 que temos un sib (alteración accidental)


B- O COMPÁS DE SEIS POR OITO.

O compás de 6/8 ten dúas partes, é dicir, é un compás binario, e a súa subdivisión é ternaria.
Neste compás podemos meter  seis corcheas, ou unha combinación de figuras e silencios equivalentes a esas seis corcheas, repartidas equitativamente entre cada parte do compás.
 
A figura unidade de tempo é a negra con puntiño. 
 
 
A figura unidade de compás é a branca con puntiño.

Agora vexamos o reparto de figuras na seguinte partitura. Non a copiedes, só a imos analizar.

https://dictadosmusicales.weebly.com/uploads/1/0/7/9/10798912/c.alcaiz_dictado2008.jpg 

 

C- CANTAMOS: CON UN SOMBREIRO DE PALLA.

5º CURSO 1.11

27 NOVEMBRO - 1 DECEMBRO


Bo día !


TOCA PREGUNTAR: " SI, LA, SOL"


A- FRAUTA: ADESTE FIDELES.

Xa que nesta semana comezamos o mes de decembro, propoño agora unha partitura máis acorde con estas datas. Non vos esquezades do "Himno da Alegría" en Do M, retomarémolo máis adiante.
Tede en conta que na armadura temos un bemol que afecta a tódalas notas Si, que atopemos na partitura.


B- CANTAMOS: ALÓ ENTRE AS PALLAS.

 


C- TIPOLOXÍA DOS CANTOS POPULARES GALEGOS.

En Galicia temos unha grande variedade de cantos populares que se axeitan a calquera situación. Hoxe imos falar de catro dos tipos máis característicos da nosa terra:

Cantos narrativos: Os cantos narrativos contan sucesos dalgún feito salientable que sucedeu nun momento marcado da historia. Dentro destes temos os cantos de cego e os romances.
 
Cantos de berce: Son pequenas pezas que se cantaban para arrolar aos bebés da casa. O seu ritmo é lento e a melodía repetitiva.
 
Cantos de traballo: Cantábanse ao realizar as tarefas duras no campo ou no mar. Cada traballo tiña as súas características propias e así podemos escoitar cantos de sega, de arrieiro...
 
Cantos de Nadal: Estes cantos son cos que celebramos as datas máis marcadas dentro do Nadal, deste xeito podemos atopar cantos de Nadal, de Reis ou de Aninovo. 

 4º CURSO 1.11

27 NOVEMBRO - 1 DECEMBRO

Bo día !

 

TOCA PREGUNTAR: " A RITMO DE FOXTROT"


A- FRAUTA: CAMPANITA DEL LUGAR.

Xa que estamos na primeira clase do mes de Nadal, comezaremos cunha canción propia deste mes. Primeiro tedes que copiar a partitura no voso caderno e logo analizaremos o seu contido.


B- COMPASES TERNARIOS.

Os compases ternarios son aqueles que teñen tres partes ou pulsos. A primeira parte é forte e a segunda e a terceira son débiles. Cando estamos cantando ou tocando unha partitura en ritmo ternario, marcamos un pouco máis esta primeira parte.
Mirade nesta partitura o que estamos explicando (non hai que copiala).
 



C- CANTAMOS: O PELO ROXIÑO.

3º CURSO 1.11

27 NOVEMBRO - 1 DECEMBRO

 
Bo día !
 

A- FRAUTA.

Hoxe temos que comezar unha nova partitura para practicar a nota .
Collede o voso caderno, dividide cada pentagrama en catro compases iguais e copiade a partitura prestando moita atención ao lugar que ocupa cada nota, ben sexa unha liña ou un espazo.

B- CANTAMOS A MAMÁ CABRA.


C- INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN DE METAL.

Ollade estes instrumentos con atención. Pertencen á familia de percusión de metal, xa que todos eles soan ao bater o seu corpo metálico. Este golpe pódese dar ou ben batendo cunha baqueta, como no caso do triángulo, ou chocando as diferentes partes do propio instrumento como sucede coa campá, os cascabeis ou as ferreñas.


 
 



2º CURSO 1.11

27 NOVEMBRO - 1 DECEMBRO

CEI Ntra. Sra. de la Encarnación: FELICITACIÓN NAVIDEÑA

Bo día !

A- CANTAMOS: BUSCANDO UNHA ESTRELA.

 


 

B- LECTURA DE NOTAS NO PENTAGRAMA.

 

Agora practicaremos estas catro notas do pentagrama:

   MI ......................primeira liña.
   FA ......................primeiro espazo.
   SOL ...................segunda liña.
   LA ......................segundo espazo.


A ver se logo sodes quen de practicar un pouco nas tres opcións: ler, escribir e escoitar.


   Picade no pentagrama para facer a práctica.

https://aprendomusica.com/const2/20aprendonotasnivel3/game.html

C- MÚSICA E CINE DE ANIMACIÓN.

A película de hoxe é unha adaptación do conto "Os tres porquiños". Nesta historia quero que prestedes especial atención á música do compositor alemán Johannes Brahms, que vai aparecendo ao logo desta curtametraxe.


1º CURSO 1.11

27 NOVEMBRO - 1 DECEMBRO

separador gif navidad-2018-gifmanicaos.es. (11) | Gifmaniacos.es

 

BO DÍA !


A- ESCOITAMOS O CONTO: "O ABETO"

 

COMEZAMOS A CLASE DE HOXE CUN CONTO.

PARA ENTENDER BEN ESTA HISTORIA NECESITAMOS SILENCIO E ATENCIÓN.

 


B- CANTAMOS: BUSCANDO UNHA ESTRELA.

 

AGORA SI QUE TEREMOS QUE ROMPER O SILENCIO XA QUE IMOS CANTAR UNHA PANXOLIÑA.

 

C- REPASO: A CLAVE DE SOL.

 

   1- CUNCHA DE GARY.
   2- ELE.
   3- MANGO DO PARAUGAS.
  
Collemos o caderno e facemos 3 claves de sol en cada pentagrama medindo cos dedos.


https://aprendomusica.com/const2/13dibujaclavesol/dibujaclavesol.html

17 novembro 2023

6º CURSO 1.10

20 - 24 NOVEMBRO

 

Bo día !
 
 AVISO IMPORTANTE: A PRÓXIMA SEMANA PREGUNTAREI A PARTITURA "FOLIADA"
 

A- FRAUTA.

1- Medimos.
2- Entoamos.
3- "Tocamos"

 

B- A BANDA DE MÚSICA.

En Galicia temos unha grande tradición de bandas de música.

Unha banda é un conxunto instrumental formado por instrumentos de vento e percusión, aínda que ás veces inclúan instrumentos de corda, formando, nestes casos, unha banda sinfónica.

O repertorio das bandas actuais inclúe unha grande variedade de estilos entre os que están: o tradicional, as bandas sonoras de cine, a música contemporánea, a clásica...

Agora picade na imaxe inferior para ver unha presentación de slideshare sobre as bandas.



 C- AUDICIÓN.

Para rematar a clase de hoxe, escoitaremos á Banda de Música de Vilagarcía de Arousa interpretando "Around the world in 80 days", de Otto Schwarz.


5º CURSO 1.10

20 - 24 NOVEMBRO

 

Bo día !
 

AVISO IMPORTANTE: A PRÓXIMA SEMANA PREGUNTAREI A PARTITURA "SI, LA, SOL"
 

A- FRAUTA.




B- INSTRUMENTOS P.A.D.

Os instrumentos de percusión de altura determinada son aqueles que poden producir notas coas que interpretar melodías.

A diferencia cos instrumentos de altura indeterminada, radica en que nestes últimos só se poden producir ritmos, non melodías.

Uns emiten o seu son ao golpear unha peza de metal ou madeira coas baquetas e outros soan ao golpear unha membrana nunha das súas caras.

Na imaxe que segue podedes ver os instrumentos máis coñecidos desta familia.


C- AUDICIÓN: MÚSICA PROGRAMÁTICA OU DESCRITIVA.

A música descritiva é aquela que, como o seu nome indica, trata de describir musicalmente unha paisaxe, escena ou sentimento.


Dentro deste tipo de composición imos escoitar hoxe "A mañá", do músico noruegués Edvard Grieg, pertencente á súa obra "O retorno de Peer Gynt"


4º CURSO 1.10

20 - 24 NOVEMBRO

Bo día !


AVISO IMPORTANTE: A PRÓXIMA SEMANA PREGUNTAREI A PARTITURA "A RITMO DE FOXTROT"

 

A- FRAUTA.

Hoxe retomamos esta partitura para que a acabedes de repasar ben. Prestade atención á posición do voso corpo durante a práctica.



B- O COMPÁS BINARIO.

O compás é unha indicación que nos di cantas partes ten cada "fragmento" da partitura. Eses fragmentos están separados polas liñas divisorias, que son as que dividen todos os compases que forman a partitura.


Na partitura de arriba, por exemplo, temos un "dous por catro", que nos indica que cada compás está formado por dúas partes iguais. Cada unha desas partes podémola completar cunha negra (ou algo de igual valor), e isto fai que todo o compás se complete cunha branca.

O primeiro pulso do compás é a parte máis forte, onde recae o acento, e o segundo pulso é débil.

Pois ben, a este compás formado por dúas partes chamámoslle compás binario e indicámolo así:

C- AUDICIÓN.

Hoxe temos por aquí a marimba, un dos instrumentos da familia de percusión (idiófono) de altura determinada. 

A ver se sodes quen de recoñecer a canción !





3º CURSO 1.10

20 - 24 NOVEMBRO


Bo día !!
 
 
A - AS NOTAS FA E MI.

Hoxe temos por aquí dúas notas novas da frauta: Fa e Mi.
 
Antes de nada lembrade como temos que coller a frauta:
 
1- Lombo ben dereitiño.
2- Man esquerda arriba.
3- Man dereita abaixo.
4- Polgar esquerdo tapando o burato traseiro.
5- Polgar dereito nas "raias"
 
                              
                   
Non vos esquezades de soprar suavemente para que a frauta soe sempre moi doce.

 
B - COPIAMOS A PARTITURA.

Comezamos cunha partitura de catro notas: la, sol, fa, mi. Repartide cada pentagrama en catro compases IGUAIS medindo o espazo cos dedos. Ao final pechamos a partitura coa dobre barra.
 
   
C- A PERCUSIÓN NA ORQUESTRA.

Agora temos aquí un pequeno vídeo dos percusionistas dunha orquestra sinfónica. Nel poderedes ver os momentos previos á interpretación no escenario, a afinación de cada timbal, os pratos, a marimba, pandeireta, caixa, triángulo, bombo...

   Espero que o desfrutedes.

2º CURSO 1.10

20 - 24 NOVEMBRO


Bo día !
 

A- CANTAMOS: "Eu son un artista"


A primeira actividade de hoxe será cantar esta canción de Mamá Cabra. É unha canción moi faciliña de recordar, na que teredes que facer que tocades o instrumento do que vai falando en cada momento.
 
Recordade que cantar e berrar non son a mesma cousa.



 

B- COPIAMOS A PARTITURA.

Agora tedes que coller o voso caderno pautado e copiar esta pequena partitura.

Recordade os tres pasos para facer a clave de sol. 
Facede catro compases iguais en cada pentagrama.
Coidado coas liñas divisorias.
Non vos esquezades da dobre barra ao final.

Cando rematedes de copiala, poñédelle o nome debaixo de cada nota.
 


C- MÚSICA E CINE DE ANIMACIÓN.

Hoxe temos por aquí a Beethoven coa súa 5º Sinfonía. É un pequeno fragmento, duns tres minutos de duración, da película "Fantasía 2000".

   Espero que a desfrutedes !!
 

1º CURSO 1.10

20 - 24 NOVEMBRO

Bo día !
 

A- CANTAMOS: PLÁTANOS.




B- A CLAVE DE SOL.

Agora temos que facer un click na clave de sol para practicar como se fai. Podémola facer primeiro na propia aplicación e logo  colleremos un lapis e farémola no caderno. Recorda que son tres os pasos que tedes que seguir:


   1- Cuncha de Gary.
   2- "Ele"
   3- Mango do paraugas.

https://aprendomusica.com/const2/13dibujaclavesol/dibujaclavesol.html