15 xaneiro 2026

6º CURSO 2.1

12 - 16 XANEIRO

 Bo día !

 

A- FRAUTA: " Himno da Alegría" (Sol M)

Toca retomar a partitura do Himno da Alegría (en sol M) que deixamos "aparcada" no mes de decembro.
 
Quedan por aquí a partitura e mailo vídeo desta obra.
 
 

 

B- CANTAMOS: DE QUE CHE VALE ?



C- A GAITA.

A gaita é un instrumento da familia de vento-madeira.

No seu punteiro leva a palleta (que é unha lingueta dobre) e no roncón, no ronquete e no chillón leva o pallón (lingüeta simple).

A gaita é un instrumento moi presente no noso folclore, pero tamén aparece noutros lugares da xeografía española como: Asturias, Aragón, Baleares ou Cataluña.


Podemos atopar tamén distintos tipos de gaitas fóra de España, en lugares tan afastados como: Irlanda, Escocia, Canadá ou EEUU.

Agora deixo por aquí un vídeo cunha das nosas gaiteiras máis coñecidas: Susana Seivane.