13 xaneiro 2026

3º CURSO 2.1

12 - 16 XANEIRO

 
Bo día !
 

A- FRAUTA: A NOTA FA.

Repasamos as posicións das notas fa, mi e dó na frauta.

Recordade sempre os consellos para tocar a frauta:

1- Lombo ben dereitiño.
2- Man esquerda arriba.
3- Man dereita abaixo.
4- Polgar esquerdo tapando o burato traseiro.
5- Polgar dereito nas "raias"
 

B- COPIAMOS NO CADERNO.

Hoxe toca copiar unha partitura nova no caderno. nela practicaremos as notas fa, sol, la, dó.
 
O próximo día deixarei por aquí unha gravación desta partitura.
 
Recordade a importancia de practicar dez ou doce  minutos diarios, de luns a venres, para non esquecer o que practicamos na clase.

C- CANTAMOS: DE QUE CHE VALE?