Hoxe toca comezar poñendo toda a nosa atención á historia do boneco de neve.
A- COPIAMOS NO CADERNO.
Agora imos coller o caderno para copiar ben esta pequena partitura. Prestade moita atención á liña ou espazo que ocupa cada nota, xa que logo cantaremos e poñerémoslle o nome a cada unha delas.
Repartide cada pentagrama en catro compases iguais colocando ben as liñas divisorias.
B- CANTAMOS:
C- XOGAMOS COAS NOTAS.
Por último picamos na clave de sol para xogar coas notas mi, fa, sol e la no pentagrama.