5º CURSO 2.2
20 - 24 XANEIRO
Bo día !A- CANTAMOS.
B- FRAUTA: "Himno da Alegría" (Do M)
Seguimos co Himno da Alegría que retomamos a semana pasada, pero hoxe incorporaremos tamén xilófonos, metalófonos e carillóns.
C- OS SIGNOS DE PROLONGACIÓN.
Agora falaremos de dous signos que usamos para prolongar o valor das figuras: o punto e a ligadura de unión.A ligadura de unión é unha liña curva que, como indica o seu nome, une notas que estan á mesma altura no pentagrama. O resultado será un único son de duración igual á suma desas notas.
Neste exemplo temos unha negra (que dura un tempo) ligada cunha branca (dous tempos). O resultado na execución será un único la que durará tres tempos.
O punto é un signo que colocamos á dereita da nota ou silencio para prolongar o seu valor un 50%, é dicir, prolonga a duración a metade do seu valor.