3º CURSO 2.2
20 - 24 XANEIRO
Bo día !
A- CANTAMOS:
B- FRAUTA.
Hoxe toca comezar coa partitura que copiamos o último día, pero antes de nada, poñeremos o nome a cada nota.
Recordade tamén os consellos de sempre:
1- Lombo ben dereitiño.
2- Man esquerda arriba.
3- Man dereita abaixo.
4- Polgar esquerdo tapando o burato traseiro.
5- Polgar dereito nas "raias"
C- OS COMPASES.
Este é o compás de dous por catro. Ten dous pulsos e cada un deles complétase cunha negra ou o seu silencio (ou algo equivalente). É un compás binario.
Este é o compás de tres por catro. Ten tres pulsos e cada un deles complétase cunha negra ou o seu silencio (ou algo equivalente). É un compás ternario.
Este é o compás de catro por catro. Ten catro pulsos e cada un deles complétase cunha negra ou o seu silencio (ou algo equivalente). É un compás cuaternario.
PRESTADE ATENCIÓN A ESTES PENTAGRAMAS.