6º CURSO 2.11
31 MARZO - 4 ABRIL
Bo día !
A- FRAUTA.
Hoxe toca acabar de copiar a partitura do último día: "O inverno", de Vivaldi.
Non vos esquezades de ir practicando esta partitura coa frauta eses 12 minutos diarios.
B- PERCUSIÓN.
É o momento de coller as baquetas.
A continuación temos unha serie de ritmos para facer. Comezaremos polos 12
ritmos en azul, que son máis curtos, e logo faremos os ritmos en verde
(13-18). Coidado cos contratempos dos ritmos 12, 15 e 18
Xa
que temos as baquetas na man imos sacarlle algo máis de proveito para acompañar con percusión esta canción.
C- AUDICIÓN; MÚSICA E CINE.
"STAR WARS" (John Williams)
John Williams é un compositor e director de orquestra nado en Nova York
en 1932. Leva toda a súa vida adicado á composición de grandes e
premiadas bandas sonoras para as películas máis coñecidas, algunhas
delas son: Harry Potter, Tiburón, E.T., Superman, Indiana Jones, Parque Jurásico e Star Wars.

A ver quen recoñece esta obra!!