6º CURSO 2.4
29 xaneiro 2025
3 - 7 FEBREIRO
Comezamos facendo a colocación das liñas divisorias da última clase, logo marcaremos os acentos > e os pulsos I nesta partitura en 3/4
Agora prestade moita atención aos cambios de matiz nesta obra de Richard Wagner, compositor alemán nado no ano 1813 e moi coñecido polas súas óperas. A obra que escoitaremos agora é a Cabalgata das Valquirias.
5º CURSO 2.4
3 - 7 FEBREIRO
Non vos esquezades do Himno da Alegría que preguntarei este mes !
CANTAMOS:
PERCUTIMOS COA CANCIÓN
A- O COMPÁS DE TRES POR CATRO.
O
3/4 é un compás ternario, é dicir, ten tres partes ou pulsos. A primeira parte é forte (leva o acento) e a segunda e a terceira son débiles.A figura unidade de tempo é a negra.
A figura unidade de compás é a branca con punto.
B- LIÑAS DIVISORIAS.
Agora comprobaremos as liñas divisorias da última clase e logo marcaremos os acentos > e os pulsos I nesta partitura en 3/44º CURSO 2.4
3 - 7 FEBREIRO
Bo día !
A- FRAUTA.
Hoxe é a última clase con esta partitura. Dádelle duro está semana.
B- COLOCA AS LIÑAS DIVISORIAS, PULSOS E ACENTOS.Acabamos de poñer as liñas divisorias que quedaron sin colocar o último día.
O pulso é o sinal musical que marca o ritmo. Serían as pulsacións da obra que escoitamos.
O acento é a parte máis forte de cada compás.
Agora marcaremos os pulsos e os acentos da partitura anterior do seguinte xeito:
Pulso I
Acento >
C- AUDICIÓN.
O matiz indica a intensidade coa que se interpreta unha obra.
Ás veces escoitamos a música con máis ou menos forza.
Esta intensidade sufre moitos cambios ao longo da interpretación que fan os músicos seguindo estas abreviaturas:
pp p mf f ff
pianissimo piano mezzoforte forte fortissimo
Prestamos atención aos cambios de matiz nesta obra.
3º CURSO 2.4
3 - 7 FEBREIRO
Bo día !
A- FRAUTA: A NOTA MI.
Comezamos o mes de febreiro cunha nova nota da frauta: a nota mi.
Se picamos na imaxe poderemos ver tódalas posicións das notas na frauta doce.
Recordade que o bico da frauta queda entre os beizos na entrada da nosa boca, sen chegar a tocar os dentes. O sopro debe ser suave.
B- COPIAMOS.
Agora colleremos o caderno para copiar esta nova partitura.
Recordade que tedes que "medir" o espazo cos dedos para facer as liñas divisorias no lugar axeitado, deste xeito conseguiremos catro compases do mesmo tamaño.
Primeiro faremos a clave de sol e o signo de compás.
Agora toca facer a liña divisoria ao final do pentagrama, despois a liña central e logo as outras dúas a cada lado.
C- INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN.
Os instrumentos de percusión son aqueles que soan cando se axitan ou cando os golpeamos coas mans ou con baquetas. A clasificación destes instrumentos non é fácil, pero podemos agrupalos segundo sexa o material que golpeamos: parche, metal ou madeira.
Aínda que estes instrumentos son perfectos para tocar, tamén podemos divertirnos facendo ritmos cuns simples caldeiros como podemos ver neste vídeo.
Aínda que estes instrumentos son perfectos para tocar, tamén podemos divertirnos facendo ritmos cuns simples caldeiros como podemos ver neste vídeo.
2º CURSO 2.4
3 - 7 FEBREIRO
Bo día !
A- REPASO DAS NOTAS MI, FA, SOL E LA.
Hoxe recordaremos a colocación das notas mi, fa, sol e la no pentagrama.
Mi: primeira liña.
Fa: primeiro espazo.
Sol: segunda liña.
La: segundo espazo.
A pasada semana copiamos unha pequena partitura con estas notas. Agora comprobaremos no caderno que os seus nomes estean ben postos.
B- INSTRUMENTOS DE TECLA.
Agora falaremos de dous instrumentos de tecla: o piano e o acordeón.
O piano é un instrumento de corda percutida. No seu interior ten varias cordas que son golpeadas (percutidas) por uns marteliños. Estes martelos son accionados por teclas.
O acordeón é un instrumento de vento que tamén ten un teclado para tocar as melodías. Ao abrir e pechar o fol fórmase unha corrente de aire que fai vibrar unhas lingüetas. Estas lingüetas emiten diferentes sons. No lado contrario ao teclado ten os baixos.
C- ESCOITAMOS CON ATENCIÓN.
Por último veremos un grupo de acordeonistas interpretando unha melodía moi coñecida. Prestade moita atención !
27 xaneiro 2025
6º CURSO 2.3
27 - 31 XANEIRO
Bo día !
A- CANTAMOS.
B- FRAUTA:" Himno da Alegría" (Sol M)
C- COPIAMOS E POÑEMOS AS LIÑAS DIVISORIAS.
Agora temos que copiar estes pentagramas no caderno para colocar as liñas divisorias. Fixádevos ben no compás antes de comezar.
5º CURSO 2.3
27 - 31 XANEIRO
Bo día !B- FRAUTA: "Himno da Alegría" (Do M)
Seguimos co Himno da Alegría. Hoxe incorporaremos instrumentos de placas (baixos, altos e sopranos).
C- POÑEMOS AS LIÑAS DIVISORIAS.
Por último analizamos estes pentagramas para colocar as liñas divisorias. Fixádevos ben no compás antes de comezar.21 xaneiro 2025
6º CURSO 2.2
20 - 24 XANEIRO
Bo día !
A- CANTAMOS.
CANCIÓN PARA O DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ
B- FRAUTA:" Himno da Alegría" (Sol M)
C- O RITMO DAS PALABRAS.
A música e as linguas teñen, dende sempre, unha relación moi cercana.
Moitas das cancións que coñecemos teñen a súa orixe en poemas que xa existían.
Poucas veces, na creación dunha canción, letra e música van saíndo a un mesmo tempo. As máis das veces non é así, de xeito que poden darse dúas situacións neste proceso:
- Primeiro a letra e logo a música.
- Primeiro a música e logo a letra.
Podedes ver este proceso na composición das coplas dos maios, nas que partimos dunha melodía á que lle adaptamos posteriormente unha letra determinada.
Agora imos intentar escribir ritmos para estas pequenas frases prestando moita atención á sílaba tónica de cada palabra:
- Bo día como estás.
- Teño frío, teño fame, quero pan con xamón.
5º CURSO 2.2
20 - 24 XANEIRO
Bo día !A- CANTAMOS.
B- FRAUTA: "Himno da Alegría" (Do M)
Seguimos co Himno da Alegría que retomamos a semana pasada, pero hoxe incorporaremos tamén xilófonos, metalófonos e carillóns.
C- OS SIGNOS DE PROLONGACIÓN.
Agora falaremos de dous signos que usamos para prolongar o valor das figuras: o punto e a ligadura de unión.A ligadura de unión é unha liña curva que, como indica o seu nome, une notas que estan á mesma altura no pentagrama. O resultado será un único son de duración igual á suma desas notas.
Neste exemplo temos unha negra (que dura un tempo) ligada cunha branca (dous tempos). O resultado na execución será un único la que durará tres tempos.
O punto é un signo que colocamos á dereita da nota ou silencio para prolongar o seu valor un 50%, é dicir, prolonga a duración a metade do seu valor.
4º CURSO 2.2
20 - 24 XANEIRO
Bo día !
A- CANTAMOS.
CANCIÓN PARA O DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ.
B- FRAUTA.
Acabamos de copiar no caderno a partitura do último día.
C- A VOZ HUMANA.
A voz é o instrumento máis antigo de todos, xa que é tan antigo como a propia humanidade. A súa expresividade é difícilmente igualable por outros instrumentos, xa que con ela podemos abarcar unha grandísima variedade de matices que nos permiten expresar calquera sentimento, ou entoar unha multitude de sons.
Podemos clasificar as voces humanas segundo a súa altura en:
- Soprano.
Voces de muller: - Mezzosoprano.
- Contralto.
- Tenor.
Voces de home: - Barítono.
- Baixo.
Todas estas voces podémolas atopar combinadas entre si en diferentes agupacións:
- Solistas.
- Dúos.
- Cuartetos.
- Coros.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)