3º CURSO 1.12
09 - 13 DECEMBRO
Bo día !
A- FRAUTA.
Hoxe seguimos coa partitura para practicar a nota Dó. Dividimos cada pentagrama en catro compases iguais e
copiamos a partitura prestando moita atención ao lugar que ocupa cada
nota, ben sexa unha liña ou un espazo.
B- CANTAMOS A MAMÁ CABRA.
C- INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN DE METAL.
Ollade
estes instrumentos con atención. Pertencen á familia de percusión de
metal, xa que todos eles soan ao bater o seu corpo metálico. Este golpe
pódese dar ou ben batendo cunha baqueta, como no caso do triángulo, ou
chocando as diferentes partes do propio instrumento como sucede coa
campá, os cascabeis ou as ferreñas.