Cando ao inicio da partitura atopamos un compás incompleto estamos diante dunha anacruse, polo tanto a peza comeza antes do primeiro tempo forte do compás.
B- A ORQUESTRA SINFÓNICA.
A colocación de cada instrumento na orquestra depende da sonoridade do mesmo. Os instrumentos con maior sonoridade están nos lugares máis afastados da dirección para non restarlle protagonismo aos demais.
A persoa que a dirixe ocupa un lugar central para poder ter no seu campo de visión a todos os instrumentistas, e estes a aquel, e poder ir así todos acompasados. Esta persoa usa normalmente unha vara lixeira, chamada batuta, para marcar o tempo da obra.
C- AUDICIÓN.
Agora imos escoitar unha peza do compositor español Isaac Albéniz. O nome desta obra é Córdoba.
O vídeo ten uha duración duns cinco minutos, espero que vos guste.