Queda
por aquí a partitura desta semana. Recordade preparar a
mochila do colexio a noite anterior comprobando ben o horario.
B- MÚSICA E ESPECTÁCULO.
A música está presente en moitas facetas da nosa vida. Escoitamos música cada día: camiñando pola rúa, cando imos no coche, cantamos na ducha, poñemos a nosa canción favorita cando celebramos un aniversario...
Podedes pensar nunha película que non inclúa nada de música?
Imaxinades unha festa sen música?
A música acompaña ao ser humano dende hai miles de anos e, dende aquela, non deixa de cambiar, unhas veces máis rápido e outras máis amodo.
En case calquera tipo de espectáculo que poidamos ver, a música vai estar presente en maior ou menor medida, e esa música vai facer que nos sintamos de mil maneiras distintas.
C- A IMPORTANCIA DA MÚSICA NO CINE.
Agora veremos unha escena de "Piratas do Caribe" na que aparece Jack Sparrow nun pequeno veleiro. Nesta escena, que se repite varias veces, notaredes tristeza, medo, ledicia ou afouteza segundo sexa a música en cada momento.
Picade sobre Mr. Sparrow para comprobar a maneira na que a música inflúe no noso estado de ánimo.