O canon é unha forma musical que se caracteriza pola existencia dunha primeira voz, o antecedente, que é imitada posteriormente por outra/s, o consecuente, que entra máis tarde facendo a mesma (ou similar) melodía.
Pachelbel compuxo un dos máis coñecidos. Poderedes escoitar unha versión deste canon, para piano e violín, máis abaixo.
25 febreiro 2026
5º CURSO 2.6
23 - 27 FEBREIRO
Bo día !
A- ACABAMOS DE PREGUNTAR O HIMNO DA ALEGRÍA.
B- CANTAMOS.
C- O COMPÁS DE CATRO POR CATRO.
O 4/4 é un compás cuaternario, é dicir, ten catro partes ou pulsos que se reparten da seguinte maneira:
Primeira parte forte (leva o acento)
Segunda parte débil.
Terceira parte medio forte.
Cuarta parte débil.
A figura unidade de tempo é a negra.
A figura unidade de compás é a redonda.
Agora imos á partitura de arriba para analizar o seu compás.
24 febreiro 2026
4º CURSO 2.6
23 - 27 FEBREIRO
Bo día !
PREGUNTAMOS
A- CANTAMOS.
B- PERCUTIMOS.
Agora temos que prestar toda a nosa atención a esta partitura de percusión.
Está escrita en tres por catro (compás ternario) así que temos que dar máis forza á primeira parte de cada compás.
Primeiro analizamos cada compás, logo lemos e, por último, percutimos coas baquetas.
Atención aos contratempos dos compases 9 e 13 !!
C- INSTRUMENTOS DE TECLA.
Os instrumentos de tecla son aqueles que producen o seu son cando prememos, con máis ou menos forza, no seu teclado formado por teclas brancas e negras.
Este tipo de instrumentos podemos clasificalos do seguinte xeito:
1- Corda: piano, clave.
2- Vento: acordeón, melódica.
3- Percusión: celesta.
4- Electrófonos: sintetizador.
3º CURSO 2.6
23 - 27 FEBREIRO
Bo día !
A- CANTAMOS.
B- FRAUTA.
Como vos dixera a semana pasada, queda por aquí un vídeo para facilitarvos a práctica desta partitura. Recordade que podedes baixar a velocidade do vídeo na configuración.
Durante a práctica recordade isto:
1- Lombo ben dereitiño.
2- Man esquerda arriba.
3- Man dereita abaixo.
4- Polgar esquerdo tapando o burato traseiro.
5- Polgar dereito nas "raias"
6- Sopramos amodiño.
Podedes recordar as posicións das notas premendo na seguinte imaxe.
C- AUDICIÓN.
Agora escoitaremos unha peza de Leopoldo Mozart (o pai de Wolfgang e Nannerl) que compuxo esta bonita obra:
"Viaxe en zorra"
Leopoldo Mozart cos seus fillos Nannerl e Wolfgang.
D- CONTIDO EXTRA.
CONCERTO DIDÁCTICO DA SINFÓNICA PONTEVEDRA.
2º CURSO 2.6
23 - 27 FEBREIRO
Bo día !
A- A BRANCA E O SEU SILENCIO.
Estas son a branca e o seu silencio.
A branca, que pode levar a plica cara arriba ou cara abaixo, é unha figura que dura dous pulsos.
Cando facemos ritmos e atopamos unha branca temos que dicir tu-u.
Dura, polo tanto, o dobre ca negra:
Cos seus silencios ocorre o mesmo. Un silencio de branca dura tamén dous tempos, o mesmo ca dous silencios de negra:
B- COPIAMOS NO CADERNO.
Agora colleremos o caderno para copiar ben esta partitura.
Primeiro temos que repartir cada pentagrama en catro compases iguais colocando ben as liñas divisorias.
Poñede moita atención á liña ou espazo que ocupa cada nota, xa que se as movemos un chisquiño xa non serían as mesmas.
C- REPASAMOS A CANCIÓN DO ENTROIDO.
1º CURSO 2.6
23 - 27 FEBREIRO
BO DÍA !
A- REPASAMOS: O LIBRO MÁXICO.
B- O DADO MUSICAL.
C- NOTAS NO PENTAGRAMA.
FACEMOS UN CLIC NA CLAVE DE SOL PARA XOGAR COAS NOTAS.
COLABORACIÓN CO ROCKLAB PARA O
SALON DO LIBRO 2026
"NON TODO ESTÁ PERDIDO"
"MOVIN´ ON UP"
10 febreiro 2026
ENTROIDO 2026
A CAROLINA
(INFANTIL)
O VERDEGAIO
(1º CICLO)
O PIRIMPIMPIM
(2º CICLO)
SE CHOVE
(3º CICLO)
6º CURSO 2.5
9 - 13 FEBREIRO
Bo día !
A- REPASAMOS.
HIMNO DA ALEGRÍA.
B- CANTAMOS.
C- O CARÁCTER.
O carácter é a propiedade da música pola que afloran os sentimentos que nos provoca esta. Calquera obra musical provoca en nós unha reacción e esa reacción está determinada polo seu carácter. Deste xeito podemos chegar a sentir alegría, tristura, melancolía, excitación, medo...
O carácter dunha obra ven dado polo tempo, a intensidade, os contrastes na altura dos sons da melodía, o timbre dos instrumentos e a técnica de interpretación.
Agora prestade moita atención ao carácter desta obra de Rimski-Kórsakov(Rusia 1844) chamada O Voo do moscardón.
5º CURSO 2.5
9 - 13 FEBREIRO
Bo día !
A-REPASAMOS.
B- CANTAMOS.
LSE
C- O PIANO.
Hoxe toca falar dun dos instrumentos máis coñecidos: o piano.
O piano é un instrumento de corda percutida. No interior da caixa de resonancia ten unha arpa con cordas que se golpean cuns pequenos martelos, accionados, á súa vez, pola presión que exercemos nas teclas.
Un piano ten un teclado de 88 teclas e uns pedais na parte inferior para modular o seu son.
O piano clasifícase dentro dos instrumentos polifónicos xa que pode emitir varios sons a un mesmo tempo, podendo así orixinar harmonías de gran complexidade.
Escoitade agora esta fantástica interpretación do Estudo Revolucionario de Chopin (Polonia 1810)a cargo do pianista chinés Li Yundi.
09 febreiro 2026
4º CURSO 2.5
9 - 13 FEBREIRO
Bo día !
A- REPASAMOS.
B- CANTAMOS.
C- AUDICIÓN.
Aquí tedes un exemplo dunha mestura perfecta entre película de animación e música, neste caso, "A danza da fada de azucre" de Tchaikovsky, un músico ruso do século XIX.
Prestade atención á sincronización dos movementos entre as zorras, que
van aparecendo deslizándose polas liñas do pentagrama, e a melodía.
Outro exemplo de película de animación acompañada coa mesma música de Tchaikovsky.
3º CURSO 2.5
9 - 13 FEBREIRO
Bo día !
A- CANTAMOS.
B- COPIAMOS E TOCAMOS.
Agora acabaremos de copiar a partitura da semana pasada e poñeremoslle o nome a cada nota. Logo practicaremos a dixitación coa frauta.
A próxima semana teredes por aquí un vídeo para facilitarvos a súa práctica.
Quedan por aquí as posicións das notas estudiadas na frauta.
C- OS INSTRUMENTOS NO ROCK.
A música rock é un estilo no que destacan os ritmos moi marcados e os instrumentos moi amplificados.
De todos eles destacan estes tres:
1- Guitarra eléctrica: ten seis cordas e adoita tocarse cunha puga. Necesita conectarse a un amplificador para aumentar a súa potencia e poder facer distintos efectos de son.
2- Baixo eléctrico: ten catro cordas e emite un son moi grave, por iso se chama baixo. Tamén necesita conectarse a un amplificador para aumentar a súa potencia.
3- Batería: tócase coas baquetas e está formada por varios instrumentos de percusión como a caixa, os pratos, o bombo e os toms.
2º CURSO 2.5
9 - 13 FEBREIRO
Bo día !
A- CANTAMOS.
Comezaremos a clase de hoxe cun debate sobre os disfraces para o Entroido:
Cal é o voso favorito?
B- RITMOS CON NEGRAS, CORCHEAS E SILENCIOS DE NEGRA EN 2/4 E 3/4
(Compás binario e ternario)
C- AUDICIÓN: O INVERNO (VIVALDI).
Por último imos escoitar unha obra do famoso compositor Vivaldi.
Vivaldi trata de describir coa súa música as Catro Estacións do ano. O que imos escoitar agora é o Inverno.
1º CURSO 2.5
9 - 13 FEBREIRO
BO DÍA !
A- CANTAMOS: O LIBRO MÁXICO.
B- O DADO MUSICAL.
AGORA IMOS ACABAR:
- AS CLAVES DE SOL.
- AS NOTAS CO DADO.
C- PERCUSIÓN.
POR ÚLTIMO IMOS FACER TRES GRUPOS PARA TOCAR INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN.
04 febreiro 2026
6º CURSO 2.4
2 - 6 FEBREIRO
Bo día !
En breve preguntarei o Himno da Alegría, non vos esquezades del.
A- COMPROBAMOS AS LIÑAS DIVISORIAS.
Comezamos facendo a colocación das liñas divisorias da última clase, logo marcaremos os acentos >e os pulsos I nesta partitura en 3/4
B- O MATIZ.
O matiz ou intensidade indica a forza coa que se ten que interpretar cada pasaxe dunha obra.
A intensidade sufre moitos cambios ao longo da interpretación da peza, conseguindo así proporcionarlle unha maior expresividade a esta.
Os cambios de intensidade fanse seguindo estas abreviaturas:
Tamén empregamos os reguladores para indicar os cambios graduais de intensidade:
C- AUDICIÓN.
Agora prestade moita atención aos cambios de matiz nesta obra de Richard Wagner, compositor alemán nado no ano 1813 e moi coñecido polas súas óperas. A obra que escoitaremos agora é a Cabalgata das Valquirias.
5º CURSO 2.4
2 - 6 FEBREIRO
Bo día !
Non vos esquezades do Himno da Alegría que preguntarei este mes !
A- O COMPÁS DE TRES POR CATRO.
O
3/4 é un compás ternario, é dicir, ten tres partes ou pulsos. A primeira parte é forte (leva o acento) e a segunda e a terceira son débiles.
A figura unidade de tempo é a negra.
A figura unidade de compás é a branca con punto.
B- LIÑAS DIVISORIAS.
Agora comprobaremos as liñas divisorias da última clase e logo marcaremos os acentos >e os pulsos I nesta partitura en 3/4
C- AUDICIÓN: VALSE
Por último escoitaremos un valse, que é unha das pezas máis coñecidas en compás ternario. Neste caso é un valse de Johann Strauss (fillo), un compositor austriaco nado en Viena no ano 1825 e que pasou a ser recordado como o rei do valse.