09 xuño 2025

4º CURSO 3.6

9 - 13 MAIO

 
Bo día !
 

A- CANTAMOS.

 

Comezamos hoxe coa canción: "Lo más vital"

 



 

B- LINGUAXE MUSICAL: A ANACRUSE.

Cando o primeiro compás dunha melodía está incompleto dicimos que comeza en anacruse. Faltaría, por tanto, a parte forte dese compás, que normalmente sería completada coa parte final da melodía.

Mirade este exemplo.


 

C- AUDICIÓN: "A PRIMAVERA" (A. VIVALDI)


Por último, imos ver este musicograma da "Primavera" de Vivaldi, pertencente á súa obra "As catro estacións".

Un musicograma é a representación gráfica dunha obra musical mediante símbolos non convencionais, é dicir, non usa unha clave, nin pentagrama, notas ou silencios.
 
En vez da linguaxe musical emprega debuxos, imaxes, liñas, gráficos... que tratan de representar a música. O musicograma, trata así de representar a velocidade, os timbres, a intensidade do que escoitamos.

   Agora picade na imaxe.



02 xuño 2025

4º CURSO 3.5

2 - 6 XUÑO

 
Bo día !
 

PREGUNTO : A FEIRA

A- CANTAMOS.

Repasamos a canción do último día:



B- FRAUTA.

Comezamos o novo mes copiando unha nova partitura: "O pallaso".
 
Teremos que comezar coma sempre, amodiño e por partes. 
 
Programaremos o estudo por pentagramas e as indicacións técnicas serán as de sempre: colocación das mans, respiración, postura corporal...

Tocando eses 12 minutos de luns a venres logo vos facedes con ela. Se tedes dúbidas coa posición dalgunha nota, picade na frauta para buscar no enlace.

https://aprendomusica.com/const2/01posicionesFlauta/posicionesflauta.html


C- VENTO-MADEIRA CON LINGÜETA DOBRE.

 

Óboe                          Fagot

               

Dentro deste grupo de instrumentos atopamos os seguintes:
 

O óboe, é un instrumento formado por un tubo de madeira con buratos e chaves. No extremo superior leva o tudel coa dobre lingüeta e no inferior leva a campá.

O corno inglés, é un óboe co timbre máis grave. A súa campá ten forma de bulbo e tamén ten chaves. O tudel está lixeiramente curvado.

O fagot e o contrafagot son os máis longos, e graves, desta familia e comparten algunhas características cos dous instrumentos anteriores.
 
Agora para rematar acompañaremos a este trío de dobre lingüeta coas baquetas.