09 novembro 2026

 6º CURSO 1.9

09 - 13 NOVEMBRO

 

Bo día !
 
                                PARTITURA

A- CANTAMOS: "O MAGOSTO"


B- FRAUTA: HIMNO DA ALEGRÍA (Sol M)

Agora toca comezar cunha partitura nova. Para comezar collede o voso caderno e copiádea nel, poñendo moita atención para non saltar, ou repetir, ningún compás nin equivocar ningunha nota.


C- AUDICIÓN.

Esta semana escoitaremos "O Inverno",  de Antonio Vivaldi, pertencente á súa obra "As catro estacións"
 

Esta obra agrupa catro concertos que tratan de describir con música, cada unha das catro estacións do ano, de aí o seu nome.
Agora deixo un fragmento do "Inverno"



 5º CURSO 1.9

09 - 13 NOVEMBRO

 

Bo día !
 
                               PARTITURA

A- CANTAMOS: "RAP DO MAGOSTO"



B- COPIAMOS: HIMNO DA ALEGRÍA (Do M)

Toca copiar unha nova partitura. Prestade moita atención á tarefa, xa que ás veces é fácil saltar algún compás ou equivocar algunha nota por non estar totalmente concentrados no que facemos.



C- AUDICIÓN.

Agora imos escoitar unha obra de Ludwing Van Beethoven.


A obra de hoxe é a Sinfonía nº 9 (Coral). O seu nome é debido á presencia de voces humanas nunha sinfonía, cousa pouco habitual naquel tempo. Unha adaptación desta obra é actualmente o himno europeo, seguro que a coñecedes.

Se ides ao minuto 5.20 poderedes escoitar a parte máis coñecida da obra.


4º CURSO 1.9

09 - 13 NOVEMBRO

 
Bo día !

                                PARTITURA
 

A- CANTAMOS.



B- COPIAMOS E ANALIZAMOS A PARTITURA.

Collede o caderno para copiar esta partitura. Logo cantaremos, veremos as partes que compoñen cada compás, a duración de cada figura e poñeremos nome ás notas.

C- O CUARTETO DE CORDA FRETADA.

Os instrumentos de corda fretada son aqueles nos que facemos vibrar as cordas cun arco, aínda que ás veces pinzamos as cordas cos dedos en pizzicato.


O arco é unha vara de madeira na que se coloca crina de cabalo coa que fretar as cordas.



Estes instrumentos teñen catro cordas e as partes que podedes diferenciar nesta imaxe.



3º CURSO 1.9

09 - 13 NOVEMBRO

 

Bo día !
 

REPASO:







A- PERCUSIÓN CORPORAL.

Xa sabedes que podemos empregar o noso corpo como un instrumento de percusión.
Agora prestade moita atención á partitura porque imos facer ritmos empregando as diferentes partes do noso corpo, pero primeiro imos comprobar, compás por compás, que a partitura non teña ningún erro.


B- O VIOLÍN.

O violín é o instrumento máis pequeno do cuarteto de corda fretada.



Os instrumentos de corda fretada son aqueles nos que facemos vibrar as cordas cun arco, aínda que ás veces pinzamos as cordas cos dedos en pizzicato. Teñen catro cordas e as partes que podedes diferenciar nesta imaxe.


C- AUDICIÓN.

Agora escoitade esta peza do compositor estadounidense Leroy Anderson: "Plink, Plank, Plunk".


2º CURSO 1.9

09 - 13 NOVEMBRO


Bo día !
 

A- REPASAMOS.

Comezamos a clase de hoxe cantando a canción do magosto deste ano: Trece lúas.

 


 

B- ESCRIBIMOS UNHA PARTITURA.

Agora imos copiar unha partitura no caderno. Para elo faremos a clave de Sol e logo dividiremos o pentagrama en catro compases iguais medindo cos dedos. Colocaremos dúas negras en cada compás.


C- PERCUSIÓN EN DOUS GRUPOS.

 1º CURSO 1.9

09 - 13 NOVEMBRO


Bo día !
 

A- CANTAMOS: TRES CASTAÑAS POLO CHAN.



 

B- PERCUSIÓN EN CÍRCULO.


C- LIÑAS E ESPAZOS.

02 novembro 2026

 6º CURSO 1.8

2 - 6 NOVEMBRO

 

Bo día !
 
O PROXIMO DÍA PREGUNTAREI A PARTITURA

A- CANTAMOS.

Xa estamos no tempo do magosto e imos escoitar e aprender esta canción que nos fala desta festa tan tradicional de Galicia.


B- OS TIPOS DE VOCES.

Podemos clasificar as voces humanas, tanto as masculinas como as femininas, en función da súa altura. Faremos entón, dous grupos ben diferenciados, con tres subtipos cada un:



Se as ordenamos todas de agudo a grave quedarían do seguinte xeito:

1- Soprano.
2- mezzosoprano.
3- Contralto.
4- Tenor.
5- Barítono.
6- Baixo.

A nosa voz, a medida que medramos, vaise facendo máis e máis grave. Este cambio faise moi evidente cando chega a pubertade, sendo máis notorio nos varóns.

Estas voces poden agruparse, ou non, con diferentes instrumentos, dando lugar a distintos tipos de obras musicais:

- Vocal, na que so aparecen voces.
- Instrumental, na que só aparecen instrumentos.
- Mixta, aquela que agrupa voces e instrumentos.

C- AUDICIÓN.

Agora imos escoitar unha obra de Ludwing Van Beethoven.


A obra de hoxe é a Sinfonía nº 9 (Coral), concretamente o 4º movemento.

O nome desta obra, Coral, é debido á presencia de voces humanas nunha sinfonía. Unha adaptación desta obra é actualmente o himno europeo, seguro que a coñecedes.

No vídeo poderedes ver unha ficción cinemátográfica de como puido ser a estrea desta obra no seu tempo. Fixádevos nas caras do público cando comeza a cantar o coro, quedan todos abraiados xa que era infrecuente que un coro formara parte dunha sinfonía.

Se ides ao minuto 5.20 poderedes escoitar a parte máis coñecida da obra.