03 outubro 2023

6º CURSO 1.3

2 - 6 OUTUBRO

Bo día !
 
Non vos esquezades da partitura para frauta "Mázate meu leite".

A- PERCUSIÓN.

Deixo por aquí esta pequena partitura cuns ritmos para facer coas vosas baquetas. Prestade atención á postura do corpo e ao xeito de coller cada baqueta.

B- FRAUTA.

Chega o momento de dar un repaso ás posicións das notas dende o "do" ata o "ré". Neste pentagrama quedan as notas que tedes que repasar e abaixo queda un enlace onde poderedes consultar cada posición (no enlace consultade o apartado de notas más comunes).


C- AUDICIÓN.

Por último queda por aquí unha presentación na que poderedes escoitar aos instrumentos da orquestra sinfónica interpretando os temas de cada personaxe da obra Pedro e o lobo, do músico ruso Sergei Prokofiev.

O primeiro enlace é un vídeo moi curtiño, minuto e medio, onde presenta aos instrumentos que tocan cada tema. O segundo é outro vídeo, máis longo, no que poderedes escoitar a obra completa.