02 outubro 2023

 4º CURSO 1.3

2 - 6 OUTUBRO

 

Bo día !


O primeiro que quero recordar, é que non vos esquezades de preparar as baquetas tal e como falamos na clase o último día. Todo o que necesitades son dous anacos dunha tea vella e dúas gomas, ou un pouco de cinta illante, para fixalas arredor da cabeza de cada baqueta.

 

A- COPIAMOS NO CADERNO E TOCAMOS COA FRAUTA.

Hoxe temos por aquí unha partitura nova coas dúas notas aprendidas na clase: si, la. Non vos esquezades de practicala tamén un pouquiño na casa.



 

B- PERCUSIÓN.

Agora copiamos estes ritmos na terceira liña do pentagrama para tocar logo coas baquetas.

 


C- TÉCNICA DE FRAUTA.

Por último, para eses que non tiñan o caderno hoxe na clase, deixo as indicacións para tocar a frauta. Copiádeas no voso caderno:

1- Regular o aire.

2- Tapar ben os buratos, pero sen apertalos.

3- Colocar ben o tronco, os brazos e as mans.

4- Expiramos o aire facendo "du".