04 outubro 2023

 

5º CURSO 1.3

2 - 6 OUTUBRO

 

Bo día !
 

A- FRAUTA.

Comezamos a entrada de hoxe recordando a importancia da práctica diaria de frauta, eses 12 minutos que temos acordado, para poder chegar a dominar ben as partituras.
Agora tedes por aquí abaixo a última partitura que temos que aprender, duro con ela !!
 


 

B- TIPOS DE VOCES SEGUNDO A ALTURA.


As voces podémolas clasificar en función da súa altura en:
 
                                    - soprano
1- Voces femininas      - mezzosoprano
                                    - contralto

Estas voces femininas están ordenadas de maior a menor altura, é dicir, de agudas a graves, sendo a soprano a máis aguda e a contralto a máis grave das voces de muller. Entre estas dúas temos a mezzosoprano.
 

                                    - tenor
2- Voces masculinas    - barítono
                                    - baixo

Dentro das voces de home temos o tenor, que é a voz máis aguda, o barítono que é unha voz intermedia e, por último, o baixo, que é a voz máis grave.

Temos exemplos destas voces na gran cantidade de óperas e zarzuelas que podemos escoitar e ver na rede. 
 
Xa que estamos cos distintos tipos de voces, ides ver e escoitar agora un pequeno fragmento da ópera "A Frauta Máxica" de W. A. Mozart.

Este é o fragmento do dúo de Papageno e Papagena, interpretados por un barítono e unha soprano respectivamente.




C- PERCUSIÓN.

Para rematar esta sesión, queda por aquí unha partitura de percusión. Collemos as baquetas para practicar estes ritmos.