25 setembro 2023

 

5º CURSO 1.2

25 - 29 SETEMBRO


Bo día !


A- CANTAMOS.


Neste apartado repasamos a canción do último día.

B- O SON: DURACIÓN E ALTURA.

Como dixemos o outro día na clase, o son é basicamente unha vibración que viaxa por un medio determinado. O son viaxa polo aire, aproximadamente, a unha velocidade de 340 metros por segundo e rebota dun lado a outro, cando choca cunha superficie, ao igual que o fai unha bóla de billar.

Dentro dos catro parámetros do son, hoxe toca falar destes dous: a duración e a altura.

Segundo a súa duración podemos clasificar os sons en longos ou curtos. A representación de sons de diferentes duracións conseguímolo na linguaxe musical grazas ás figuras. Como sabedes cada figura, así como cada silencio, ten unha duración determinada que podemos establecer da seguinte maneira:


No tocante á altura podemos clasificar os sons en graves e agudos. Na linguaxe musical a altura podémola representar colocando as notas no pentagrama, ben sexa nas liñas ou nos espazos. Cando máis arriba estea a nota máis aguda será esta, e canto máis abaixo estea máis grave será. Na clave de sol, as notas quedarían logo da seguinte maneira:
Recordade que esta clave indica o lugar no que colocamos a nota sol, que neste caso é a segunda liña.

C- COPIAMOS A PARTITURA: SOL, LA, SI.



Recordade tocar a partitura coa frauta unha vez a teñades ben copiada no voso caderno.