3º CURSO 1.3
30 SEP - 4 OUTUBRO
Bo día !
A- FRAUTA: A NOTA SOL.
Hoxe temos por aquí unha nova nota da frauta: a nota Sol.
Antes de nada lembrade como temos que coller a frauta:
1- Lombo ben dereitiño.
2- Man esquerda arriba.
3- Man dereita abaixo.
4- Polgar esquerdo tapando o burato traseiro.
5- Polgar dereito nas "raias"
Lembrade que o sopro ten que ser moi suave para que a frauta emita un son doce.
B- COPIAMOS NO CADERNO.
Agora para practicar esta nova nota teredes que copiar a seguinte partitura no voso caderno.
Primeiro teredes que dividir cada pentagrama en catro compases iguais, tal e como facemos na clase, e logo copiades a seguinte partitura.
C- AUDICIÓN.
Hoxe temos por aquí unha obra do compositor ruso Sergei Prokofiev: Pedro e o lobo.
Nesta curtametraxe poderemos recoñecer a tódalas familias de instrumentos da orquestra: corda, vento e percusión. Se prestamos atención poderemos escoitar exemplos de cada familia coma o óboe, o clarinete, o cuarteto de corda ou os timbais.
Espero que desfrutedes desta bonita obra.