30 outubro 2023

6º CURSO 1.7

30 OUTUBRO -  3 NOVEMBRO

 

Bo día !
 

A- FRAUTA.


B- LINGUAXE MUSICAL.

Agora toca falar das alteracións: sostido, bemol e becuadro.

As tres alteracións colócanse á esquerda da nota e modifican a súa altura, facéndoa así máis aguda ou máis grave. 

- O sostido sube un semitón a altura da nota.

- O bemol baixa un semitón a altura da nota.

- O becuadro anula ao sostido e ao bemol.

O sostido e o bemol podémolos atopar como alteracións propias ou accidentais:

- As propias son as que forman a armadura da partitura e afectan a tódalas notas dese nome que aparecen nela. No exemplo serían fa, do e sol.

- As accidentais son as que atopamos en calquera lugar da partitura e afectan á nota a que acompañan ou ás notas do mesmo nome que están dentro do mesmo compás.



C- AUDICIÓN.

A audición que temos agora é a "Danza macabra" do compositor francés Camile Saint-Saëns.
 
É unha obra na que o compositor trata de describir unha escena na que a morte...