30 outubro 2023

5º CURSO 1.7

30 OUTUBRO - 3 NOVEMBRO

 

Bo día !

 

A- FRAUTA.


Picade na frauta se non recordades a posición das notas.

B- COPIAMOS NO BLOCK.

Esta partitura non é para tocar coa frauta.

Aproveito para recordar, de novo, o importante que é revisar pola noite o material que imos a usar ao día seguinte no colexio.


C- LINGUAXE MUSICAL.

Esta semana toca falar da dobre barra de repetición e das casas de 1ª e 2ª vez.

A dobre barra de repetición indica que temos que repetir o fragmento dende o lugar no que se atopa esta barra, ata o principio da obra ou ben ata outra dobre barra que estea a metade da partitura. No exemplo seguinte poderedes ver os dous casos.

 

As casas de 1ª e 2ª vez utilízanse xunto coa barra de repetición para non ter que escribir dúas veces unha parte da obra que se repite. Cando tocamos a segunda vez temos que saltar a casa da 1ª vez.

Consultade arriba a partitura da "Danza alegre" para ver como funcionan estes dous recursos.