30 outubro 2023

4º CURSO 1.7

30 OUTUBRO - 3 NOVEMBRO

 

Bo día !


A- FRAUTA.

Seguimos coa partitura "A ritmo de foxtrot".

Lede ben as notas e logo ide practicando pentagrama por pentagrama, fixándonos moi ben na duración de cada figura. Coidade o sopro para sacar un son doce da vosa frauta.

 Nesta frauta podedes refrescar a posición das notas.

B- PERCUSIÓN.


É a hora de facer un pouco de barullo, así que, collede as vosas baquetas para practicar estes ritmos.


C- AUDICIÓN.

Nesta última parte da sesión, imos escoitar dúas pezas que forman parte da obra "O quebranoces", do compositor ruso Tchaikovsky.

Estas dúas pezas son a "danza chinesa" (no primeiro vídeo) e a "danza da fada de azucre" (no segundo).