1º CURSO 2.7
24 - 28 FEBREIRO
Bo día !
A- CANTAMOS.
A sesión de hoxe ímola comezar cantando unha canción: "Fun ao mercado" de María Fumaça.
Imos facendo os tres pasos por orden:
1- Escoita a canción con atención.
2- Trata de ir cantando as distintas estrofas.
3- Agora teremos que inventar os movementos para escenificar a
canción.
B- AS NOTAS NO PENTAGRAMA.
Agora terás que ler as notas no enlace da páxina "Aprendo Música". A ver cantos puntos es quen de conseguir.
Fai click na clave de sol para ir ao xogo.
C- MÚSICA E CINE.
Agora non hai máis que facer
click no enlace para ver e escoitar esta curtametraxe de animación: "Swing of change".
A trompeta está moi presente durante toda a película, pero non é o máis
importante da trama. Esta é unha curtametraxe que dá para falar moito, así que, prestade atención que logo falaremos.
D- CONTIDO EXTRA.
CONCERTO DIDÁCTICO DA SINFÓNICA PONTEVEDRA