Páxinas

17 novembro 2023

2º CURSO 1.10

20 - 24 NOVEMBRO


Bo día !
 

A- CANTAMOS: "Eu son un artista"


A primeira actividade de hoxe será cantar esta canción de Mamá Cabra. É unha canción moi faciliña de recordar, na que teredes que facer que tocades o instrumento do que vai falando en cada momento.
 
Recordade que cantar e berrar non son a mesma cousa.



 

B- COPIAMOS A PARTITURA.

Agora tedes que coller o voso caderno pautado e copiar esta pequena partitura.

Recordade os tres pasos para facer a clave de sol. 
Facede catro compases iguais en cada pentagrama.
Coidado coas liñas divisorias.
Non vos esquezades da dobre barra ao final.

Cando rematedes de copiala, poñédelle o nome debaixo de cada nota.
 


C- MÚSICA E CINE DE ANIMACIÓN.

Hoxe temos por aquí a Beethoven coa súa 5º Sinfonía. É un pequeno fragmento, duns tres minutos de duración, da película "Fantasía 2000".

   Espero que a desfrutedes !!